A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC inaugurou o xoves 28 ás 19.30h no Museo de Historia Natural da USC a exposición temporal do seu I Concurso de Fotografía da Natureza, na que se exhiben as 30 mellor consideradas polo xurado. Entre elas están as 3 gañadoras: o primeiro premio, de 300€, de José Luis Gigirey González polo seu traballo titulado “Pintando la primavera”; o segundo, de 200€, de Juan Ramón Martín Catoira, pola fotografía “Sen nome”, e o terceiro, de 100€, de Elena Martín Lores por “A hora do baño”.

O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos: Alberto Suárez Buyo, José Manuel Ortigueira Bobillo, Javier Baltar Boilieve  e Marta Vázquez Rodríguez. Os gañadores elixíronse por votación secreta.

Galería fotográfica inauguración da exposición temporal

Primeiro premio - "Pintando la primavera", de José Luis Gigirey González

1premio

 

Segundo premio - "Sen nome", de Juan Ramón Martín Catoira

2premio

Tercer premio - "A hora do baño", de Elena Martín Lores

 3premio

MARTA VAZQUEZ RODRIGUEZ