I Concurso Fotografía da Natureza - Asociación de Amigos do MHN

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC proclama os gañadores do seu I Concurso de Fotografía da Natureza

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten aos gañadores do seu I Concurso de Fotografía da Natureza, celebrado nos meses de abril e maio de 2018. O primeiro premio, de 300€, é para José Luis Gigirey González polo seu traballo titulado “Pintando la primavera”; o segundo, de 200€, para Juan Ramón Martín Catoira, pola fotografía “Sen nome”, e o terceiro, de 100€, para Elena Martín Lores por “A hora do baño”.

O xurado estivo formado por Alberto Suárez Buyo, José Manuel Ortigueira Bobillo, Javier Baltar Voilieve  e Marta Vázquez Rodríguez. Os gañadores elixíronse por votación secreta.

Das 131 fotografías presentadas, seleccionaronse as 30 mellor consideradas polo xurado. Con elas presentarase unha exposición en primeiro lugar no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente noutras institucións galegas que o soliciten, e elaborarase un catálogo.

Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das 30 fotografías presidido presidente da Asociación de Amigos do Museo no Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, 15782 Santiago de Compostela) nun acto previsto para finais deste mes de xuño.

Bases do concurso e Anexo I

Cartel do concurso

Listaxe das 30 fotografías seleccionadas para a exposición e o catálogo

 

Primeiro premio - "Pintando la primavera", de José Luis Gigirey

1premio

Segundo premio - "Sen nome", de Juan Ramón Martín

2premio

Terceiro premio - "A hora do baño", de Elena Martín

3premio