Asociación Amigos do Museo de Historia Natural

A asociación é unha entidade civil con personalidade xurídica plena cuxo obxectivo é a promoción do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e a colaboración co MHN coa finalidade de protección dos recursos naturais, especialmente no relativo ás funcións que debe cumprir un museo de ciencias naturais: científicas, culturais, educativas e recreativas, tanto para os membros da Asociación como para o público en xeral.

Está aberta a tódalas persoas, institucións, empresas e organizacións interesadas en acadar estes obxectivos.

O 27 de novembro 2015 a Asociación celebrou a súa primeira asemblea xeral, na que socias e socios fundadores elixiron por unanimidade á Xunta Directiva.

Será o reitor Juan Viaño quen presida os vindeiros catro anos a asociación, que ten por vicepresidenta á directora do Museo, Isabel Fraga Vila, como tesoureiro a Roberto Almuiña Díaz, como secretario a Francisco Caamaño Isorna e como vogais a Rosario García-Echave López, José Luis Veiga Goy, Adela Vázquez Vázquez, Manuel Sanmartín Durán e Felipe Bárcena Varela de Limia.

 

logo AAMHN

 

Estatutos da asociación

Como facerse socio

Ficha inscrición

Ficha inscrición (Socios familiares)

Convenio da asociación coa USC

 

Nomeamento de socios de honra da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural

Na reunión da Xunta Directiva celebrada o 5 de xullo de 2016, acordouse nomear socios de honra pola súa xenerosa colaboración co Museo de Historia Natural da USC, de acordo co artigo 9º dos estatutos, a:

Emilio Rolán Mosquera

Manuel Sanmartín Durán

José Luis Pérez-Cirera López-Niño

Joaquín Pardo Gómez

Yolanda Aubard

Eduardo García-Rodeja Gayoso

 

In memoriam

Esta asociación lamenta profundamente o pasamento, o pasado mes de decembro do 2016, do noso socio de honra Joaquín Pardo Gómez.

 

III Concurso de Nadal

 

Roteiro nocturno. Morcegos: escoitando o que non se escoita 2017

Galería fotográfica 9 de setembro

Galería fotográfica 15 de setembro

Información de contidos

Cartel da actividade

II Concurso de Nadal

Bases (PDF)

Gañadores do concurso

Cartel (PDF)

Entrega de premios do II Concurso de Nadal (Galería fotográfica)

 

Actividades realizadas 2016

Roteiro nocturno. Morcegos: escoitando o que non se escoita

Nota de prensa

Cartaz

Galería de imaxes 16 de setembro

Galería de imaxes 30 de setembro

 

Resolución do Concurso de logotipos da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC

Na reunión da Xunta Directiva do AAMHN celebrada o martes 5 de xullo de 2016, acordouse nomear gañador a Daniel Castro Fernández do Concurso de Logotipos da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Logotipo gañador do concurso (PDF)

 

 I Concurso de Nadal

Bases e gañadores (PDF)

Entrega de premios I Concurso de Nadal (galería fotográfica)