Coleccións

 

Imaxe dunha colección

 

As coleccións deste museo foron conformándose desde mediados do século XIX, maioritariamente con aportacións de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, de científicos e naturalistas, así como de particulares e institucións.

A súa organización nas bases de datos xerais, que se poden consultar neste portal, é por grandes grupos taxonómicos, a efectos de axilizar e facilitar o acceso á documentación dos exemplares. Así, na mesma colección xeral inclúense exemplares de coleccións históricas e actuais, aínda que nos arquivos e almacéns do museo, cada colección orixinal mantén a súa propia identidade.

Dado que aínda non está finalizada a catalogación das coleccións, a información que se presenta non é completa.

 

Tipoteca

Zooloxía

Coleccións de fauna terrestre

Coleccións de fauna mariña

Xeoloxía

Botánica

Colección de anatomía comparada

Colección de modelos e figuras clásticas