logo_usc

 

botón intranet

 

 

 

 

 

 

 

logo_usc

  logo_usc 

 

 

collaboratorss

uniplaces_logo_baixa

 

 

logo_wace

 logo-emuni

 

 logo_usc

logo_goingglobal

logo_conahec.gif_708245898

QS logo HiRes jpg

 Scholars at Risk logo

 

María Mercedes Álvarez Liresvigo_logo

 

  • Dpto. de Didácticas Especiais. Universidade de Vigo
  • Centro de Formación e Recursos de Pontevedra. Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

 

Curriculum Vitae:

 

Licenciada en C. Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutora en Química pola Universidade de Vigo, Posgrao en Responsables para Formación en Coeducación pola Universidade de Barcelona, pontevedra_logoCatedrática de Física e Química de Ensino Secundario e Profesora Asociada de Didáctica das Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (Universidade de Vigo). Actualmente é Directora do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (Xunta de Galicia).

mercedes_alvarez_lires

Foi Coordinadora para Galicia do Programa TENET de Formación do Profesorado en Coeducación da Unión Europea. Codirixe o Programa Interuniversitario de Doutoramento en Historia das Ciencias e das Técnicas (UVIGO e USC) e imparte docencia no Programa de Doutoramento de Didácticas Especiais e no POP de Xénero e Políticas de Igualdade da Universidade de Vigo, así como no Posgrao de Xénero da Universidad de Valladolid.

 

É membro da Comisión de Ensino da Unión Internacional de Historia e Filosofía da Ciencia e do Comité de Dirección da Sociedade Europea de Historia das Ciencias

 

As súas liñas de investigación son: ciencia e xénero, formación do profesorado, didáctica e historia das ciencias; educación e xénero, xénero e desenvolvemento sostible.

 

Recibiu un Premio Nacional en Investigación-Innovación Educativa MEC-CIDE (1992), dous Premios Educación y Sociedad MEC-CIDE (1995 e 1996) e un de Innovación Educativa, Xunta de Galicia (2000), sempre sobre a temática de xénero, ciencia e educación.

 

Entre as súas publicacións poden citarse artigos como:

· "Enseñanza y aprendizaje de las Ciencias Experimentales: la coeducación como meta"(CIDE-MEC, 1994)

· "L´Histoire des Sciences et des Techniques dans la Formation du Professorat" (Office for Official Publications of the European Communities, Luxembourg, 2000).

· "Una figura preclara de la ciencia en España en el siglo XVIII: Fray Martín Sarmiento". International Academy of History of Science, 2002.

· “Unha excepción no discurso ilustrado da filosofía da ciencia sobre o xénero: Sarmiento (1695-1772)”, Deputación de Pontevedra. 2001.

· “Gender and Science in Teaching, Teacher Training and Research”. In Bicentenary of the invention of the Battery by Alessandro Volta, Pavia, 2001.

· “La difícil identidad de las científicas”. In Tabanque, 15, 2001

· ¿Ciencia objetiva y universal o construcción humana y social? In: Congreso Iberoamericano sobre Ciencia y Género (en prensa)

· “Educación ambiental-Globalización: interrogantes y dilemas. In Novas propostas para acción. Reunión Internacional de Expertos en Educación Ambiental, UNESCO-Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000

 

Entre os libros:

. Frei Martín Sarmiento: un científico da Segunda Ilustración (Universidade de Santiago, 2002)

 

Como coautora:

. Ciencias de la Naturaleza. Un enfoque coeducativo desde la historia de las ciencias en occidente. Junta de Andalucía, Sevilla, 1994.

. El Ilustrado Fr. Martín Sarmiento. La educación de la niñez y de la juventud Biblioteca Nueva, Univ. Santiago, Univ. León, 2002

. Guía de boas prácticas en ciencia e tecnoloxía. SGPIHM, Xunta de Galicia, 2002

. Las científicas y su historia en el aula, Ed. Síntesis, Madrid, 2003

. Las mujeres en las obras de Feijoo y Sarmiento. Prensas Universitarias de Zaragoza (en prensa)

 

Mulleres na tecnociencia: alén das porcentaxes e dos estereotipos

 

Permítanme unha reflexión previa desde a experiencia da miña dilatada traxectoria como química de formación, profesora de física e química de ensino secundario, de escolas superiores de enxeñería industrial e de minas, de didáctica das ciencias, de cursos de doutoramento, posgraos e mestrados, desde a responsabilidade de directora dun centro de formación do profesorado e desde as investigacións sobre ciencia e xénero ás que me dedico desde hai máis de 20 anos.

 

Creo poder afirmar que non se pode seguir falando da ciencia como se fose a do século XVIII, nin sequera as análises de xénero poden ser as mesmas de hai vinte anos. En primeiro lugar, a ciencia xa non é a mesma actividade; por citar algunhas diferenzas, salientarei que para facer ciencia é preciso dispoñer de equipos humanos e medios materiais, que non se conseguen nin consolidan se non se accede a proxectos de investigación subvencionados; é preciso publicar en revistas de alto impacto, establecer relacións dentro das comunidades científicas, competir en convocatorias... Todo isto implica unha certa empresarialización da actividade científica, pero hai máis: os obxectos de estudo da ciencia xa non son unicamente os fenómenos naturais, nin sequera os procesos de transformación de produtos naturais ou artificiais; a realidade virtual a través dos procesos de simulación por ordenador invade todos os campos do saber. Neste sentido, moitas investigacións comezan a falar de tecnociencia.e esta circunstancia obriga a pensar de novo sobre a ciencia, cómo se constrúe, cal é o papel das comunidades científicas e a situación das mulleres dentro delas.

 

As investigacións sobre ciencia e xénero, realizadas por quen isto escribe, en colaboración con colegas pertencentes a diferentes ámbitos do coñecemento, diversas universidades e países e distintos niveis educativos, abordaron, entre outras cuestións, os mecanismos de exclusión das mulleres do ámbito científico e tecnolóxico, no pasado, e aqueloutros máis sutís que nos exclúen dos postos de responsabilidade e de elaboración das políticas científicas no presente. Examináronse as concepcións sobre a ciencia de adolescentes e de profesorado de todos os niveis educativos, traxectorias de mulleres académicas e de alumnas dos ámbitos científico e tecnolóxico, observáronse comportamentos de adolescentes no laboratorio e nas aulas de informática.

 

Hoxe, o problema xa non é o acceso das mulleres á tecnociencia senón a permanencia e promoción nela. É completamente inexacto que as alumnas non elixan opcións científicas, pois máis do 50 % do alumnado do bacharelato de ciencias da natureza e da saúde, que permite o acceso ás enxeñerías ou á titulación de física, está constituído por mulleres (este ano, os premios extraordinarios de bacharelato en Galicia foron para 20 alumnas e 1 só alumno). As alumnas que optan por ese bacharelato non teñen nin a máis mínima aversión polos ordenadores nin polas tecnoloxías.

 

O problema non hai que buscalo nas rapazas nin nas mulleres, nin unicamente nos problemas derivados das responsabilidades familiares, senón no profesorado, nas comunidades científicas que, por historia e tradición, son masculinas e na sociedade, da cal forma parte o sistema educativo. A práctica demostra que cando se realizan accións educativas desde unha perspectiva feminista, mellora a autoestima das alumnas e a súa afección pola tecnociencia, pero iso implica tamén exercer unha acción transformadora sobre o comportamento dos varóns.. Mencionaranse exemplos concretos no decurso da intervención.